CRTVG

Buscar

Os Cantos Rolados

Programa 9: As 'Big Bands' de Galicia

13/12/2019 00:30 h

Este programa está adicado as Big Bands de Galicia. Comezamos cas novas xeracións, a Big Band do Conservatorio Superior de A Coruña, con Alberto Conde á dirección e ca colaboración como solista do gran Carlos Barruso.

De Redondela é a Xingro´s Big Band, cunha gran sección de metais procedentes da histórica Escola de Saxos, que presenta unha nova obra de concienciación para nenos e adolescentes, co título "Desplastifícate".

E para rematar temos a rompedora Banda de Música de Arzúa, unha banda tradicional reconvertida ao estilo Metropol, con medleys de bandas coma Led Zeppelin, Deep Purple ou AC/DC, unha mostra de como poder atopar novas fórmulas nestas formacións que conecten de novo co público, como queda demostrado na súa actuación no pasado Festival de la Luz de Boimorto.

O erudito é Luis Cuntín.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: