CRTVG

Buscar

A estiba

Folga

01/12/2019 23:00 h

Once meses despois da morte de Emilio Fortes, o porto de Ardora está en folga. Castor e César aliáronse para presionar a Marcos. Non queren que o alcalde siga adiante co plan para reconverter o porto comercial nun porto turístico. A negociación entre o concello e os estibadores non chega a un acordo. E desátase a guerra. As folgas son caras e a caixa común está baleira. César ten que conseguir cartos. O porto paralizado deixouno sen o seu negocio ilícito e intenta recorrer a Covas. Pero cando ve a súa actitude, desiste. Porén, a Antón, parécelle unha boa opción: e decide roubarlle os cartos ao narco. Pero nin Castor nin César aceptan ese diñeiro. E obrigan a Antón a devolvelo. Malia o roubo, Covas admira a determinación do rapaz e proponlle en segredo traballar para el. As Fortes tampouco pasan por un bo momento. A morte de Emilio marcounas. Perderon a súa posición e poden perder a casa, algo que afecta a Mercedes, que ten que arrimar o ombro. Pero é incapaz. Non quere deixar de ser quen é ata que Miguel faille ver o seu egoísmo. Pola súa banda, Rosalía non atopa traballo e non acepta a oferta laboral de Marcos (no que respecta a César, non o poder ver diante), e Cruz refúxiase no seu traballo e na bebida. Manuela está preocupada por ela, porque se expón demasiado e vai por libre. En comisaría, destaca a incorporación de Estela como nova axente. A súa nova posición choca co seu pai, inmerso na folga. E con Antón. Pero Estela tampouco ten moita marxe para actuar. Manuela, máis alá da folga, ten que loitar con Sofía, unha implacable axente de asuntos internos disposta a buscar calquera indicio de corrupción na familia Fortes.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: