CRTVG

Buscar

Ecce Perdomo

O 'friki'

28/08/2019 01:30 h

Este capítulo de Ecce Perdomo está dedicado aos frikis, persoas que prefiren ser soldados de Star Wars ou elfos do Señor dos Aneis antes que galegos do montón. Frikis que, desde que comezaron as emisións de Bóla de Dragón en Televisión de Galicia, foron crecendo en número, diversificáronse e agora proliferan por todo o territorio.

Neste programa David Perdomo coñecerá os distintos tipos de frikis que existen en Galicia e tratará de converterse nun deles. Para lograr este obxectivo viaxará a Ourense e penetrarase no santuario dos frikis: unha tenda de cómics.

En Vigo coñecerá o mundo dos cosplayers, persoas que, unha vez pasado o entroido, seguen disfrazándose de cando en vez. Visitará un bar gaming para ser testemuña de como soacializan os frikis, unha vez ao mes e sempre con xogos polo medio.

E, por último, visitará a casa-museo dun friki, que é como a de calquera avoa só que cambiando as figuritas de porcelana e os tapetes de ganchillo por cascos, espadas e outros elementos de merchandising de películas.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: