CRTVG

Buscar

Carteleira G

Os mortos van ás presas

30/10/2020 12:00 h

Irene é unha camioneira que chega á vila mariñeira de Fariño do Mar coa intención de adquirir marisco. O seu camión queda atrancado na ponte impedindo o paso ao cemiterio o día que van enterrar ao patrón maior da confraría de mariscadores. O suceso impide celebrar as honras fúnebres polo que o cadaleito regresa á casa onde será velado ata que o problema se solucione. Reunido en gabinete de crise, o pobo divídese entre os que apoian a Irene, como Venancia, a fareira e antiga noiva de Filomeno, fillo do morto, que apostan por desmontar unha estatua, ou os que apoian a Filomeno que avoga por despiezalo camión. As vellas rifas e diferenzas entre uns e outros se acentuarán, pero nada como o conflito que xorde cando as mulleres que están a velar o cadaleito, ancoradas en ancestrais crenzas e tradicións, pensan que a alma do defunto aínda non abandonou o seu corpo, xa que ten unha conta pendente. A meiga aconséllalles que convoquen á Santa Compaña.

Atopar capítulo por: