CRTVG

Buscar

Carteleira G

Lobos de Arga

30/10/2020 12:00 h

1910, en Arga, un pequeno pobo de Galicia, unha terrible maldición cae sobre a malvada marquesa de Mariño e o seu fillo, converténdoo en home lobo no seu décimo aniversario. Cen anos despois, Tomás, un escritor fracasado e último descendente home dos Mariño, regresa á pequena vila de Arga convencido de que o van nomear fillo adoptivo da localidade. Pero, en realidade, os veciños pensan en sacrificalo nunha escura cerimonia para acabar coa ameaza do home lobo que leva un século aterrorizando á rexión. De non levar a cabo o sacrificio do último dos Mariño na data exacta, unha segunda maldición caerá sobre Arga. Unha maldición de consecuencias moito máis terribles

Atopar capítulo por: