Á carta
-
Casa das crechas
Dende Alalá propoñemos un xeito diferente de comezar as vacacións de Semana Santa: a foliada da Casa da Crechas. Neste afamado local da zona vella de Santiago celébrase cada mércores, desde hai 19 anos, unha festa musical improvisada á que calquera pode sumarse.
-
Os diplomáticos do acordeón
Hoxe estamos co grupo “Os diplomáticos do acordeón”, unha desas agrupacións marabillosas ás que paga a pena coñecer. Formado por oito homes, oito veteranos para os que a música, máis ca un entretemento, é case un xeito de entender a vida.
-
Os Estalotes
A música tradicional como divertimento, como festa, como algo espontáneo que hai que compartir para gozar dela intensamente. Esta podería ser a filosofía que define ós Estalotes, un grupo que naceu hai uns quince anos nunha das rúas con mais vida de Santiago de Compostela, na rúa de San Pedro.
-
O Fiadeiro
Introducímonos nun dos ensaios da Asociación Folclórica “O Fiadeiro”. Unha asociación que nace en Vigo en 1995 e que agrupa a máis dun cento de mozas e mozos dispostos a investir talento e moito esforzo persoal neste proxecto.
-
Rosa de Moscoso
Desprazámonos a unha aldea de Pazos de Borbén para dedicarlle un monográfico a Rosa Garrido, máis coñecida por Rosa de Moscoso, lugar onde naceu e onde sempre viviu.
-
Regueifeiros en Gondomar
Desprazámonos ata Gondomar para compartir unha foliada con catro regueifeiros: Pinto de Herbón, Luis Caruncho, Benito Lobariñas e Augusto Canario
-
Cantareiras de Laxoso
O grupo Herva Verde, máis coñecido como As Cantareiras de Laxoso, está formado por once mulleres - de entre cincuenta e oitenta anos- e un home
-
Treixadura
Programa dedicado a un dos mellores grupos de música tradicional de Galicia