CRTVG

Buscar

Á carta

  • Emilio do Pando

    Emilio do Pando

    Presentámosvos a Emilio do Pando, todo un referente na música popular galega. Emilio é un virtuoso da gaita e un dos poucos músicos que domina a trompa galega, un instrumento de gran tradición na zona da Fonsagrada, onde sempre viviu.

  • Capítulo 4: Tempos

    Capítulo 4: Tempos

    As viúvas deciden denunciar ao armador do Santoña aínda que Renata, ao non atopar traballo, non pode afrontar os gastos para sufragar a denuncia.

  • Cantadeiras do Berbés

    Cantadeiras do Berbés

    Desta volta As Cantadeiras do Berbés son as protagonistas en Alalá. O grupo, que está formado por oito mulleres e un mozo, naceu no ano 93 a raíz dun cursiño de cantos populares organizado pola asociación Casco Vello, unha das asociacións culturais máis importantes de Vigo.

  • Capítulo 3: Causa común

    Capítulo 3: Causa común

    Eusebio revela que "O Santoña" non dispoñía das medidas de seguridade axeitadas. Ademais, Marta decátase de que está embarazada e Sofía sofre un coma diabético.

  • Leilía

    Leilía

    Neste programa estamos con Leilía, sen dúbida un dos grupos máis populares e máis innovadores da música tradicional galega. Felisa, Merche, Montse, Patricia e Ana comezaron hai 16 anos a percorrer as aldeas galegas para recoller directamente da xente maior as pezas que se cantaban hai anos.

  • Capítulo 2: Feridas abertas

    Capítulo 2: Feridas abertas

    As viúvas dos mariñeiros, que tentan saír a frote, reciben unha terrible noticia: pode que o afundimento do Santoña non fose un accidente...

  • Pazos de Merexo

    Pazos de Merexo

    Manuel ronda os oitenta anos pero segue mantendo a mesma mirada viva e curiosa de cando era novo e andaba tocando polas festas co seu acordeón diatónico. Sempre foi coñecido como Pazos de Merexo, Pazos polo apelido, Merexo polo lugar no que sempre vivíu, en plena ría de Camariñas.

  • Capítulo 1: Viúvas do mar

    Capítulo 1: Viúvas do mar

    Lucía, Marta, Sofía, Renata e Aurora aproveitan ao máximo o tempo cos seus homes, mariñeiros do Santoña, un barco de pesca. A vida destas mulleres vése truncada co naufraxio do barco, que deixa só un supervivente.