Estache bo!
Torta de kiwi con fariña de castañas
Ingredientes:
8 kiwis, 100 grs. de azucre, 15 grs. de xelatina de laranxa, 1 vaso de auga, 1 cullerada de zume de limón. Para a masa de castaña: 200 grs. de fariña de trigo, 1 ovo, 1/2 vaso de leite, 100 grs. de manteiga, 4 culleradas de azucre moreno.
Elaboración:
Facemos a masa mesturando primeiro os sólidos e despois os líquidos. Deixamos repousar media hora, enfornamos a masa uns 15' a 180 graos e reservamos. Nun cazo con lume baixo metemos os kiwis e o azucre. Remexemos ata que o azucre desapareza. Engadimos un vaso de auga e cocemos sen deixar de remexer uns 12'.Incorporamos a xelatina e deixamos temperar. Enchemos o molde con este preparado e deixamos arrefriar, empratamos, e listo para comer!.
Hoxe, Rafa Durán visitará en Lousame, A Coruña, a Mayte Álvarez, a propietaria dos kiwis, o noso produto de hoxe, e que non falará do seu proceso de produción.