CRTVG

Buscar

Estache bo!

Fideos con coello e cogomelos

24/11/2020 19:50 h

Ingredientes:

1/2 cello, 250 grs. de fideos número 4, 1 litro de caldo de carne ou polo, 2 dentes de allo, 200 grs. de cogomelos, 2 tomates grandes relados, 1/2 pemento vermello, 1 fgolla de loureiro, 1 rama de romeu, 1 cullerada de pemento doce, 1 sobre de azafrán, 4 culleradas de Pedro Ximenez ou viño do POrto, 100 gras. de feixóns verdes, sal, pementa e aaove.

Elaboración:

Nunha tarteira marcamos o fígado do coello con dous dentes de allo, machucamos e reservamos. NO mesmo aceite facemos o coello e os cogomelos. Reservamos os cogomelos e rustrimos o pemento e os feixóns verdes. Especiamos. Incorporamos o machucado, o viño e o tomate. Mesturamos os fideos, cubrimos con auga. Deixamos cocer 11 minutos, empratamos... e listo para comer!

Hoxe, Rafa Durán visitará en Ponte Nafonso, A Coruña, a Albino García e María Sánchez, o propietario e a veterinaria da Granxa da Ponte, quen nos falará do produto estrela de hoxe: o coello.

Atopar capítulo por: