CRTVG

Buscar

Estache bo!

Macarróns de grelos con salsa de anchoas

23/11/2020 19:50 h

Ingredientes:

300 grs. de macarróns frescos de grelos, 1 lata de anchoas en aceite de oliva, 1 cebola, 2 tomates maduros, 6 olivas negras, 1 chile, 1 dente de allo, 1/2 vaso de auga da coción dos macarróns, sal, pementa, aove, 1 lombo de pescada. Para o crocante de queixo: 100 grs. de parmesano relado e 1 cullerada de pan relado.

Elaboración:

Cocemos os macarróns, escoamos e reservamos. Nunha tixola rustrimos a cebola e o allo. Cando torre ben, engadimos o tomate triturado, as olivas e as anchoas. Engadimos medio vaso de auga de cocción dos macarróns e formamos a salsa. Nun cunco mesturamos 3 culleradas de queixo relado, cunha de pan relado. Poñemos esta mestura entre 2 follas de papel de forno e enfornamos 4 minutos a 200 graos. Enfornamos a pescada, empratamos… E listo para comer…!!!

Hoxe, Rafa Durán visitará en Calo, Teo, a Claudia Fontans, a propietaria de Pasta La Ideal, quen nos falará do produto estrela de hoxe: os macarróns de grelos.

Atopar capítulo por: