CRTVG

Buscar

Estache bo!

Vieiras con xamón

19/11/2019 11:30 h

Ingredientes:

3 vieiras, 1 cebola grande, 1 dente de allo, medio vaso de viño branco, 200 gramos de xamón curado, pan relado, 30 gramos de manteiga, 1 tomate, aceite de oliva e sal

Elaboración:

Limpamos as vieiras e reservamos. Nunha tixola pochamos a cebola cortada finamente e o allo, cando estea lista engadimos o xamón ben picado e cociñamos 1 minuto. Engadimos o viño deixamos evaporar o alcohol. Cortamos o tomate en liscos e poñémolos no fondo da vieira, enriba a vianda e deseguido engadimos o rustrido. Cubrimos ben co pan relado e finalizamos cun lisco de manteiga. Metemos as vieiras no fondo pre - quentado a 200º uns 15 minutos ou ata que os bordes comecen a dourar. Emplatamos e listo para comer.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: