CRTVG

Buscar

O país máis grande do mundo

En Polonia, en Barcelona e Madrid e no buque-hospital Juan de la Cosa

10/05/2016 22:30 h

O programa da TVG viaxará ata Wroclaw, en Polonia, con Teté, unha nai que lle aparecerá por sorpresa á súa filla Erasmus. 
Entre outras historias, o equipo de “O país máis grande do mundo” visitará un buque sanitario do Instituto Social da Mariña xunto aos galegos que traballan nel. Tamén será protagonista esta noite Armando Fernández, un emigrante galego en Barcelona que fixo da radio a súa paixón a través do programa “Sempre en Galicia”, que fai 30 anos de emisión en galego en Radio Cornellá. Ademais das saídas das tres reporteiras, Olalla Vaamonde, Elena Mareque e Aida Bao; o presentador, Rodrigo Vázquez, volverá a Madrid. Despois de entrevistar a Fernando Romay a semana pasada, desprazarase ata a capital para falar coa actriz María Pujalte e pasear pola cidade onde vive esta coruñesa, actriz, cantante e ex-presentadora de televisión.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: