CRTVG

Buscar

Come a comarca

O Ribeiro e O Carballiño

07/07/2020 22:15 h

Neste noveno programa o equipo de cociñeiros de Come a Comarca visita dúas comarcas, a do Ribeiro e a do Carballiño, para coñecer os segredos da súa gastronomía e aprender a facer o menú máis tradicional destas terras, composto por: anguías fritidas, carne ó caldeiro e cañas de crema. Marco Varela, do restaurante Sábrego, en Ribadavia, será o encargado de guiar aos concursantes pola gastronomía do Ribeiro e do Carballiño.

Estes irán as piscinas de Manolo “O das Anguías” para coñecer como se crían estes animais. Rita, unha experta cociñeira que formou parte da organización da Festa da Anguía de Barral, explicaralles como cociñalas, xunto con Alfredo, o actual presidente desta festa gastronómica. Para aprender a facer a carne ó caldeiro visitarán a carnicería Ferradás, no Irixo, e o restaurante Casa Gazpara, no Carballiño. Por último, os concursantes irán xunto Pilar, da pastelería A Canavela Fritida, no Carballiño, para coñecer a súa receita das famosas canas do Carballiño. Ela pertence a una familia de pasteleiros, os Cerviño, que son os creadores deste famoso doce.

Unha vez desvelados os segredos das tres receitas, os cinco cociñeiros afeccionados do programa enfrontaranse nun concurso popular, nas bodegas Casal de Armán, aos mellores cociñeiros da comarca facendo eses pratos: Elena García e José Antonio García do restaurante Lembranza-Orixe (San Amaro), Ana Belén Veleiro e Teresa Iglesias do Bodegón do Veleiro (Cenlle) e José Manuel de la Iglesia da pastelería Royal (O Carballiño). A súa habilidade nos fogóns e un xurado popular composto por 15 veciños da comarca será quen decida que equipo Come as Comarcas do Ribeiro e do Carballiño.

Atopar capítulo por: