CRTVG

Buscar

Vou que teño que ir

Programa 8: Celanova

03/12/2019 23:15 h

Os nosos presentadores visitan Celanova, tamén coñecida como a terra de poetas polo seu pasado ligado á literatura, o berce de grandes escritores galegos, Precisamente da man dun deles, Ledicia Sola visitará o Mosteiro de San Salvador de Celanova, un cenobio medieval beneditino fundando por San Rosendo a mediados do século IX que sufriu importantes transformacións ao longo dos séculos; alí coñecerá un pouco máis da súa historia así como dos novos usos do mosteiro que hoxe integra a casa consistorial e a biblioteca do IES Celso Emilio Ferreiro.

Pola súa banda, Víctor achegarase ata Castroastromao para coñecer de primeira man todo sobre as orixes deste castro, unha cidade primitiva habitada polos antigos coelernos do século I. Foi moitos séculos despois da romanización, cando a familia Feijoo comezou a fabricar os seus queixos artesáns, que hoxe se venden en todo o mundo grazas á receita secreta que leva transmitíndose xeracións. Coñecerán a Xulio Alonso Feijoo, un mozo enxeñeiro agrónomo que é xa a quinta xeración que toma o relevo nesta queixería que se convetiu nunha das máis antigas de Galicia.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: