CRTVG

Buscar

O son da ribeira

Catro vellos mariñeiros

08/09/2020

Os catro vellos mariñeiros xa deixaran os remos, pero como sempre dicimos os que son mariñeiros o son para toda a vida, e entre Viveiro e Celeiros imos falar con eles. Vicente Miguez vainos introducir no que a canción supón paras as xentes de Viveiro e Celeiro. E catro vellos mariñeiros son Moncho Pérez que coñeceu a época do chicharrón que foi unha época de moito peixe. José Cabaleiro que de neno traballaba a xávega, arte na que se tiraba do aparello dende as praias. Andrés Díaz cóntanos de cando aínda había porto en Viveiro e da moita actividade pesqueira desa época. E con Manuel Méndez lembramos a vella lonxa que estaba emprazada no baixo do edificio da confraría. A música ven de diferentes vilas, do Grove tráena Os Firrás co seu son tabernario. As mulleres do mar de cabo de Cruz cantan no grupo Nunca é tarde. Unha versión rock chega da Coruña con Bastards on parade, e na vila de Viveiro toca unha versión vangardista á gaita David Bellas

Atopar capítulo por: