CRTVG

Buscar

Serramoura

Capítulo 43: Cortina de ferro

29/05/2016 22:00 h

A morte de Sokolov non levará a calma a Serramoura. Primeiro, porque a Garda Civil xa está a pleno rendemento coa investigación dos Piñeiro e, en segundo lugar, porque está moi claro que os rusos buscarán vinganza. 
As primeiras indagacións sinalan a Evaristo como principal sospeitoso do asasinato, pero, tras o minucioso traballo da Garda Civil, axiña quedará descartado. Porén, non poderá quedar tranquilo porque Diego Bazán recibe aviso de que dous sicarios van de camiño a Serramoura para acabar coa vida do alcalde, polo que Tomás non dubidará en ofrecerlle a súa protección.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: