CRTVG

Buscar

Serramoura

Capítulo 42: Cortina de ferro

22/05/2016 22:15 h

Evaristo, Teresa, Gloria, Rogelio e Santos intentaron facerse cos montes do cura, pero só este último o conseguiu, para o que contou coa inestimable axuda da mafia rusa. O que podía converterse nunha convivencia pacífica desemboca en numerosos enfrontamentos entre os rusos e os habitantes da vila. Pero Evaristo non o vai consentir e loitará contra eles, pois para algo é o alcalde.

Non obstante, no seo dos rusos tamén hai problemas. Santos non está conforme coa participación que ten na súa empresa con eles e aproveitará calquera ocasión para expresalo.

Mentres tanto, no cuartel teñen dúas liñas de investigación para resolver o asasinato da familia Piñeiro.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: