CRTVG

Buscar

Especial

Búscate nas festas

08/08/2015 00:15 h

 

Co gallo do seu 30 aniversario, a Televisión de Galicia propón este venres unha viaxe amena e divertida polas festas que leva vivindo e gravando desde que naceu o 24 de xullo de 1985. Así, co programa “Búscate nas festas”, a canle autonómica fará un percorrido no tempo ao longo dos 30 anos de gravacións nas celebracións máis coñecidas do verán galego.

 

A Festa do Albariño de Cambados, a Rapa das Bestas de Sabucedo, as distintas celebracións do Carme, o Naseiro de Viveiro, os Caneiros de Betanzos, a romaría da Franqueira, a loita entre mouros e cristiáns na Saínza... Ao longo da historia da Galega foron moitas as festas que se inmortalizaron para os distintos programas e reportaxes. En “Búscate nas festas”, os espectadores verán como foron cambiando estas celebracións ao longo do tempo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: