CRTVG

Buscar

O sal da terra

Anda solto un ladrón

18/04/2017 23:30 h

O pánico chega a vila xa que anda solto un ladrón e Carmela non dubida en chamar o seu fillo para que vixíe a casa. Por culpa de Manolo a televisión desaparece e a Berto non se lle ocorre que facer para solucionar este problema así que finxe un roubo cun amigo.
Na cociña, Carmela non se complica e fai unha crema de patacas con zamburiñas. Pola súa banda, Berto está no Restaurante Viana do Prior para deleitar os presentes cunha receita que combina berberechos, ameixas, polbo e peixe sapo, e visita o Museo Valle Inclán, na Pobra. Ademais, o programa amosa un remedio para quitar as durezas dos pés e acompaña a Manolo nunha visita ao Hórreo de Araño, o máis grande de Galicia.

Atopar capítulo por: