CRTVG

Buscar

Podcast

UPM75: Instituto Santiago Apóstol e Najla Shami

24/09/2019 - 00:04 h

Neste programa falamos cos estudantes do instituto Santiago Apóstol de Bos Aires na súa primeira viaxe á Galicia territorial. O centro ofrece formación bicultural, galega e arxentina, a máis de 600 alumnos.
No primeiro encontro mundial de médicos galegos coñecemos a Delia Cerviño, neonatóloga brasileira
filla dun cotobadense e presidenta no Brasil da asociación de médicos galegos ASOMEGA.
Najla Shami preséntanos o seu libro-disco 'Ela sabe a sol', publicado pola editorial Galaxia; cancións mestizas cantadas en galego, árabe e español.

Belén Regueira fainos chegar a experiencia profesional e humana da xente galega polo mundo