CRTVG

Buscar

Panorámica

Unha iniciativa para retirar os plásticos do mar

27/09/2019 - 21:00 h

Cada ano 8 millóns de toneladas de plástico acaban no mar. Recentemente, científicos españois localizaron microplásticos en mexillóns de rocha na área de Vigo e no mar Cantábrico. Á vez que aumenta o lixo no mar, xorden proxectos para retiralo ou, cando menos, mitigar os seus efectos.

Mariñeiros da Costa da Morte acaban de sumarse a un proxecto de recuperación de refugallos do mar aos que se lles dá unha segunda vida. Unha iniciativa, entre moitas outras, da que nos fala Cristina Martínez.

Cortes dos diferentes programas da RG