CRTVG

Buscar

Panorámica

A revolución do sistema bancario

19/10/2019 - 13:00 h

O Banco Santander pechou esta semana 24 sucursais en Galicia. Nos próximos meses pecharán outras cen. É un paso máis do que está supoñendo a revolución dos bancos: que os grandes comeron os pequenos e que os clientes xa non precisan ir ao banco para facer os trámites ordinarios, senón que operan desde o móbil.

Pero a cousa non fixo máis que empezar. Agora hai elementos novos: programas no móbil para operar ao mesmo tempo con varios bancos diferentes e, para o futuro, a ameaza de que xigantes coma Google, Facebook ou Amazon se convertan en bancos, é dicir, que presten diñeiro e que ofrezan depósitos. Unha reportaxe de Alberto Ordóñez.

Cortes dos diferentes programas da RG