CRTVG

Buscar

Panorámica

O futuro transbordador de Vigo ao Reino Unido

04/10/2019 - 21:00 h

A cidade de Vigo podería estar conectada por transbordador coas illas británicas a finais deste mesmo ano ou comezos do que vén. Esa é a pretensión das navieiras Remolcanosa e Grimaldi e da consignataria Incargo, as empresas implicadas neste proxecto, que, se se materializa, suporía contar cun servizo con tres frecuencias semanais para o transporte de mercadorías, coches e pasaxeiros. 

A patronal de Pontevedra cre que o transbordador sería unha grande oportunidade para o comercio exterior, nun momento en que o brexit pode provocar a saturación de portos como o de Bilbao, o que beneficiaría, segundo opinan, á terminal viguesa. Teresa Comesaña é a autora deste traballo. 

Cortes dos diferentes programas da RG