CRTVG

Buscar

Panorámica

O documento de instrucións previas

11/10/2019 - 21:00 h

Maior de sesenta anos, muller e coidadora de persoas dependentes. Este é o perfil dos cidadáns que xa asinaron en Galicia o documento de instrucións previas, tamén coñecido como testamento vital.

Un documento en que o asinante dexa constancia de como quere ser tratado en caso de que non poida expresar a súa vontade por enfermidade moi grave ou en estado terminal. Tamén inclúe a posibilidade de decidir sobre a doazón do corpo ou de órganos específicos.

Na seguinte reportaxe afondaremos no ritmo de implantación do documento de instrucións previas en Galicia, nas resistencias que aínda se detectan e nos procedementos para facelo.

Unha reportaxe de Anxo Quintela.

Cortes dos diferentes programas da RG