CRTVG

Buscar

Panorámica

Mulleres sobranceiras: María Wonenburger

27/09/2019 - 21:00 h

A protagonista da próxima reportaxe ten nome de fóra, pero era da Coruña. Quizais o seu apelido contribuíu ao descoido da comunidade científica galega, que tardou en descubrila como unha das figuras españolas máis relevantes no campo das matemáticas na segunda metade do século XX.

Unha descuberta que chegou anos despois da súa xubilación e que se materializou, entre outros recoñecementos, nos premios científicos que hoxe levan o seu nome. Con ela abrimos un novo capítulo de mulleres sobranceiras: hoxe falamos de María Wonenburger. Unha reportaxe de Eva Sandino.

Cortes dos diferentes programas da RG