CRTVG

Buscar

Panorámica

Lugo, a única provincia marítima de España sen Autoridade Portuaria

07/12/2019 - 14:30 h

Lugo é a única provincia marítima de España que carece de Autoridade Portuaria propia. Malia a importancia e volume no tráfico de mercadorías que teñen os portos da Mariña, dependen dende o ano 1993 da de Ferrol.

Unha vella demanda que a Confederación de Empresarios de Lugo reactiva cunha campaña que sumou nas últimas semanas numerosas adhesións en ámbitos sociais, colexiais e institucionais.

Queren conseguir a liberalización do dique norte de San Cibrao antes do ano 2023, cando finaliza a concesión, o que abriría enormes posibilidades a sectores tan importantes como son o forestal e da madeira, o agropecuario ou o eólico. Un traballo de Emma Alonso.

Cortes dos diferentes programas da RG