Panorámica
Dez anos do secuestro do Alakrana
O próximo mércores fai 10 anos do secuestro do Alakrana, un atuneiro con tripulación galega que foi abordado por piratas no océano Índico. Botaron 47 días secuestrados fronte ás costas de Somalia.
Dez anos despois, o pesqueiro segue traballando no mesmo caladoiro, e parte da tripulación segue sendo a mesma, pero agora con vixiantes armados, autorizados para disparar en caso de que os piratas volvan achegarse. Unha reportaxe de Alberto Ordóñez.