Panorámica
As posibilidades do 5G
As compañías telefónicas están ultimando todos os axustes para poñer en marcha nos próximos meses o 5G, unha nova tecnoloxía que lle dará máis capacidade e máis velocidade ás redes de datos. En Galicia están en marcha varios proxectos piloto, sobre todo para as empresas, xa que o 5G permitirá transmisións en tempo real, sen retardos.
Por exemplo, poderase gobernar a control remoto un dron desde calquera parte do mundo. Ou que un médico, desde o hospital, poida ir facéndolle probas a un doente que vai nunha ambulancia.
Unha reportaxe de Alberto Ordóñez.