CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Salinas: "Maradona pareceume tan xeneroso, tan humano... Espero que a xente saiba diferenciar o deporte da vida persoal"

26/11/2020 - 15:01 h

Falamos co ex do Celta e do Athletic Patxi Salinas, que acabou por trabar relación con Diego Maradona despois de enfrontarse no campo con el. Cóntanos que o tempo que pasou co astro na Arxentina "foi o momento máis feliz da miña vida" porque para el foi "o máis grande con moita diferenza". Salinas cre que "a outra vida foi a que matou a vida de Maradona" e que "o sobrepasou a fama, que non os cartos". Patxi garda como unha xoia a camiseta asinada que lle regalou en persoa o Pelusa, unha peza exclusiva do seu partido de homenaxe.

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso