CRTVG

Buscar

Zona Mixta

O Lugo empeza tentear adestradores para a posible destitución de Eloy Jiménez

23/12/2019 - 15:02 h

A directiva do Club Deportivo Lugo púxose en contacto con algún adestrador para sondar as posibilidades de trocar de técnico.

A posición de Eloy Jiménez está moi debilitada e o club manexa xa, cando menos, tres nomes: Óscar Fernández (ex do Almería), Borja Jiménez (o que foi responsable do Rápido de Bouzas) e o galego Rubén de la Barrera (que estivo adestrando en Qatar).

A decisión podería tomarse a curto prazo.

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso