Sala 5
Rafa de los Arcos, director da premiada curta 'Todo el mundo se parece de lejos', que fala do amor destrutor
Todo el mundo se parece de lejos, protagonizada por Bruna Cusí, relata o periplo dunha rapaza perdida emocionalmente, que debe tomar as rendas da súa nova vida.
Pola Sala5 da Radio Galega pasou o seu director, Rafa de los Arcos. A curtametraxe fala das dificultades para afrontar o desamor destrutor.
A obra apunta á incomunicación como o gran problema do século XXI e revela a necesidade de volver a unha comunicación física.