CRTVG

Buscar

Sala 5

Miguel Barbosa e Diego Staub, de Sound Troop, crean efectos sonoros para películas e series como 'Antidisturbios'

20/10/2020 - 00:42 h

Miguel Barbosa e Diego Staub, de Sound Troop, pasaron pola Sala5 para contar como crean efectos sonoros de películas, coñecidos como efectos foley, aqueles 'ruídos' que por diversos motivos non foron recollidos no momento da gravación da escena. Ambos os dous traballan para directores de filmes en todo o mundo.

Un dos seus últimos traballos é o foley de Antidisturbios, a serie de Rodrigo Sorogoyen. Contan que mesmo lles enviaron chaleco antibalas e outras partes do vestiario dos policías para poder gravar os velcros e outros partes que transmiten a dureza da profesión.

Programa de cine que dirixe e presenta Begoña Vázquez