CRTVG

Buscar

Destacados

Marta González: "Existen mecanismos como os reais decretos para pagar a débeda do IVE"

29/01/2020 - 08:57 h

A deputada popular Marta González criticou no 'Galicia por diante' a actitude do Goberno central sobre o pagamento pendente do IVE de 2017 ás comunidades autónomas. González alega que os problemas legais que argumenta a ministra de Facenda para facer ese pagamento non son reais, xa que "existen mecanismos como os reais decretos" para solucionalo.

A deputada popular sinalou que a reclamación da débeda do Estado vai ser unha das prioridades da actividade do PP no Congreso, así como os asuntos relacionados coa finalización de infraestruturas pendentes en Galicia, entre elas o AVE.

Cortes dos diferentes programas da RG