CRTVG

Buscar

Gas a Fondo

Iván Ares: "Vitoria moi importante. Levabamos un ano sen gañar no Nacional"

11/05/2019 - 23:06 h

O piloto cambrés Iván Ares atendeu o Gas a fondo tras vencer no Rally Villa de Adeje, terceira proba do Campionato de España de Asfalto.

Ares loitou co asturiano J. A. Suarez durante toda a proba para rematar cunha diferenza a favor de só 6,8 segundos.

"Estivemos liderando todo o rally, pero as diferenzas eran mínimas e houbo que competir ata o final".

Con este triunfo, o de Cambre sitúase líder do campionato.

"Levabamos máis dun ano sen gañar no Nacional e por fin puidemos saír desa etapa. Agora somos líderes xusto antes de que cheguen as tres probas galegas, así que é unha vitoria moi motivadora".

O Campionato de España de Rallys de Asfalto desembarcará en Galicia en xuño e xullo, coa disputa de maneira consecutiva dos Rallys de Ourense, do Cocido e de Ferrol.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí