Galicia por Diante
O papel das redes nos procesos electorais
Acabamos de vivir unha nova cita coas urnas, onde eliximos as nosas representantes máis próximas, nos concellos, e tamén se cadra ás máis afastadas, en Bruxelas. A polémica que rodeou a Facebook nas últimas eleccións presidenciais nos EUA marcou un antes e un despois en como as redes sociais observan as nosas actividades en períodos electorais.
A empresa de Mark Zuckerberg propúxose "protexer as eleccións europeas", e puxo en marcha algúns mecanismos de transparencia, que sen dúbida marcarán o inicio dunha tendencia que outras xigantes como Twitter ou Instagram están chamadas a seguir.