CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Antón Gómez-Reino sobre a débeda do IVE: "Cónstame que o Goberno traballa para dar unha solución canto antes"

28/01/2020 - 09:00 h

O deputado de Galicia en Común Antón Gómez-Reino referiuse esta mañá aos 200 millóns de euros que o Estado lle debe á comunidade autónoma en concepto de recadación do IVE de 2017.

Nunha entrevista no 'Galicia por diante', Gómez-Reino asegurou que ese problema o causou o Goberno de Rajoy e que, daquela, "Feijóo aplaudiu con alborozo". Con todo, reiterou que "a nosa posición é moi clara: tense que devolver ese diñeiro ás galegas e aos galegos. E o Goberno de progreso ten que solucionar esta cuestión por vía dos orzamentos xerais do Estado, por vía do Consello de Política Fiscal ou pola vía que sexa. E cónstame que se está traballando para dar unha solución canto antes".

Gómez-Reino tamén opinou sobre a posibilidade de crear unha plataforma galega de confluencia de cara ás eleccións autonómicas. O deputado cre que a fórmula de Galicia en Común "é un espazo consolidado", pero que, a partir de aí, "non sobra ninguén".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia