CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Carmen Pomar, conselleira de Educación: "Hai que animar as pequenas e medianas empresas a implicarse na FP dual"

27/11/2019 - 08:18 h

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, anima as pequenas e medianas empresas a acoller estudantes da FP dual, co alumnado formándose nas instalacións das propias empresas durante boa parte do ciclo.

Tras as xornadas celebradas onte en Santiago, á que asistirom centos de persoas para analizar os contidos deste tipo de formación, a conselleira pasou polos micrófonos do Galicia por diante.

"Hai que animar sobre todo a pequena e mediana empresa porque, ás veces, hai máis reticencias á hora de implicarse en proxectos da FP dual. Onte os tres alumnos que falaban na primeira mesa de networking contaban a súa marabillosa experiencia coa FP dual. E non só iso, senón tamén algo moi importante, que é que os tres están xa empregados. Os tres están xa traballando, non como alumnos en prácticas, senón como traballadores das distintas empresas".

"Hai que animar a pequena e mediana empresa. Creo que é importante que se sintan reforzadas, que se se sintan incentivadas e que se engadan a este camiño que estamos a levar".

É por iso que a conselleira recordou que a Xunta convocou un premio para recoñecer e galardoar, entre outros, as pemes con proxectos da FP dual.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí