CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Cristóbal Dobarro, presidente da COFER: "Coa térmica das Pontes non é momento de facer política, nin dun lado nin do outro"

22/10/2019 - 08:21 h

O presidente dos empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal, Cristóbal Dobarro, pide unidade política para buscarlle solucións ao futuro da planta térmica, no canto de buscar culpables.

"Pensamos que non é o momento de facer política, nin dun lado nin do outro. Non é o momento de buscar nin pensar quen son os responsables, senón pensar en positivo e pensar que medidas se van tomar para que a nosa comarca non se siga desangrando e poidamos ver un futuro con certo optimismo".

"A verdade é que seguimos fondamente preocupados co tema, porque vemos que hai manifestacións de todo tipo, mostras de solidariedade, manifestacións políticas apoiando que as reivindicacións que se están levando a cabo desde todas as frontes sociais son xustas e dignas... pero non se acaba de atopar unha solución. Non hai unha solución nin por parte da empresa nin por parte do Goberno central que garanta a continuidade do funcionamento da planta neste momento".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí