CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

José Antonio Taboada chama a poboación non de risco a atrasar a vacina da gripe para evitar atascos nos centros médicos

21/10/2020 - 08:13 h

O xefe do Servizo de Enfermidades Transmisibles da consellería de Sanidade, Jose Antonio Taboada, pídelles aos cidadáns que non formen parte dos "grupos diana" que agarden unhas semanas para vacinarse.

Nunha entrevista no Galicia por diante, Taboada explicou que o éxito da presente campaña de vacinación está a provocar nalgúns lugares máis demanda da que o sistema pode absorber, o que provoca que as persoas que máis o necesitan teñan que agardar para recibir a súa dose.

Taboada destacou a sensibilización da cidadanía, que entendeu a importancia de vacinarse este ano de pandemia: "Os datos que temos é que vamos 5 puntos por riba do ano pasado" a estas alturas. No caso dos maiores de 65 e do persoal sanitario, hai xa 3.000 vacinados máis dos que se rexistraron en toda a campaña de 2019. 

Sanidade leva semanas advertindo do risco de que a coincidencia co coronavirus faga aumentar a mortalidade durante os meses de maior incidencia da gripe: "Hai datos de que nos países do hemisferio sur onde xa pasaron a gripe a mortalidade podería duplicarse", apuntou.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia