CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Miguel Uclés, bombeiro vigués que se manifestaba en Madrid: "Chegou un tipo, chamoume 'independentista fillo de puta' e comezou a agredirme"

21/10/2019 - 10:06 h

presidente da Plataforma de Bombeiros Públicos, o vigués Miguel Uclés, foi agredido este domingo en Madrid ao remate da manifestación en que participou con milleiros de bombeiros de toda España.

O sindicalista foi agredido despois de que o confundiran cun independentista: "Chegou un tipo, chamoume 'independentista fillo de puta' e comezou a agredirme. Onde imos chegar?".

A agresión, que presuntamente foi cometida por grupos neonazis, xa foi denunciada. Uclés di que o dano foi máis moral que físico.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí