CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Pancho Casal: "A cousa xa non vai de quitar a Feijóo, senón de cambialo todo"

22/05/2020 - 08:30 h

O portavoz de En Marea, Pancho Casal, xustifica a máis que probable volta da formación á carreira electoral na necesidade de impulsar un cambio de modelo na política. Nunha entrevista no Galicia por diante, Casal dixo que estas eleccións "non van sobre confrontación de ideas ou programas", senon dun "cambio de paradigma" con dous aspectos fundamentais: a sustentabilidade do sistema e o poder de decisión de Galicia. Un cambio, di, que considera que non está na man das forzas da oposición parlamentaria: "A cousa xa non vai de quitar a Feijóo, senon de cambialo todo".

Se os inscritos avalan mañá cos seus votos a presentación dunha candidatura, En Marea ten previsto iniciar conversas con outras formacións de cara a formar alianzas. Non tentarán unha aproximación a Anova ou ao BNG porque no seu momento "non quixeron poñerse a negociar de maneira seria", aínda que reitera que seguen abertos a esa posibilidade. Casal apunta a outros posibles socios, como "as mareas municipalistas, o Partido Galeguista, Compromiso por Galicia ou Equo".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia