CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Martiño Noriega: "Traballamos con xenerosidade para que o voto de esquerda non se disgregue"

19/02/2020 - 08:26 h

Dous días antes de que remate o prazo para rexistrar coalicións electorais de cara ás autonómicas do 5 de abril, o membro da coordinadora nacional de Anova afirma que seguen en conversas con Podemos e Esquerda Unida para artellar unha única candidatura e que a alianza, polo de agora, non está pechada.

Nunha entrevista no Galicia por diante da Radio Galega, Martiño Noriega negou que os atrancos que existan teñan que ver con quen encabeza a candidatura ou polo peso de cada forza nela. Explicou que o debate é conseguir un proxecto no que estean representadas tódalas sensibilidades co obxectivo de non dispersar o voto da esquerda.

O integrante da coordinadora nacional de Anova explicou que "se somos capaces de impulsar unha candidatura dende a diversidade será garantía de que haxa cambio político". Sobre o estado das conversas sinalou que "daba a impresión de que Podemos antepoñía o seu proxecto estratéxico a facer unha candidatura potente dende a diversidade; agora semella que hai algún síntoma de que iso está mudando". Por iso, engade, "imos esgotar todas as posibilidades ata o venres, pero a día de hoxe non podo asegurar al vai ser o resultado final, sempre dende a vontade de que haxa unha candidatura potente".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia