CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Bernardo Tahoces, director xeral de Enerxía: "O Goberno ten que reaccionar con independencia das convocatorias electorais"

18/09/2019 - 08:13 h

O director xeral de Enerxía reclámalle ao Goberno central que a nova convocatoria electoral non atrase as solucións para evitar o desmantelamento da central térmica das Pontes. Nunha entrevista no Galicia por diante, Bernardo Tahoces apuntou que "o Goberno ten que reaccionar con independencia das convocatorias electorais. Non pode seguir mantendo unha situación de pasividade e indiferenza ante a paralización da central térmica das Pontes".

O director xeral de Enerxía explicou a folla de ruta consensuada entre a Xunta e os sindicatos para tentar garantir o futuro da planta. Un plan que pasa por tres xuntanzas: cos directivos de Endesa, para coñecer os plans da empresa; co comisario de Enerxía da Unión Europea, para que lles aclare a marxe de manobra que ten a Xunta, e coa ministra de Transición Ecolóxica, para que poña incentivos sobre a mesa.

Tahoces lembrou que os grupos parlamentarios do PP, do PSdeG e do BNG estiveron de acordo en reclamar exencións fiscais para incentivar a continuidade de Endesa nas Pontes, retribucións específicas para centrais que usen biocombustibles e mecanismos de intervención do mercado do CO2.

 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia