CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Rosa Quintana, conselleira do Mar: "Espero que os argumentos que se traballaron desde Galicia axuden a darlle forza ao ministro"

17/12/2019 - 08:38 h

Comeza a segunda xornada de negociacións en Bruxelas para determinar se finalmente os barcos galegos sufrirán recortes nos topes de pesca durante o ano que vén. As propostas da Comisión Europea recollen rebaixas de ata o 50 por cento para o xurelo e do 20 para a pescada.

A conselleira Rosa Quintana di agardar que as cousas queden, como mínimo, como estaban este ano.
"De momento, non se conseguiu aínda avanzar nas novas propostas. Onte todo o día houbo reunións con trílogos entre a Comisión, o Consello e os diferentes ministros. Esperamos que poidan hoxe á mañá presentarnos unha proposta que sexa mellor ca a que fixo a Comisión nun primeiro momento".

"Nós temos argumentos e temos datos que permiten que a Comisión rebaixe as súas propostas de recortes que nos presentou e nesa liña imos seguir traballando".

"Oxalá as noticias sexan boas. Eu só espero que os argumentos todos que se traballaron desde Galicia axuden a darlle forza ao ministro nestas negociacións que son complicadas".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí