CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Vázquez Taín: "O xuízo do 'procés' foi complexo e minucioso, pero creou división entre os xuíces segundo as vivencias do problema catalán"

16/12/2019 - 08:17 h

O xuíz José Antonio Vázquez Taín, autor do libro 'Pulso al Estado' considera que o xuízo do 'procés' foi "moi minucioso, complexo e longo".

Enmarcou na normalidade as diversas interpretacións das conclusións, especialmente no tocante á sedición e á rebelión. O xurista galego entende que cada un fai unha interpretación en función das súas conviccións persoaissobre a cuestión catalá.

No tocante á situación actual de Oriol Junqueras, Vázquez Taín considera que o Tribunal Supremo non tiña que formular a cuestión previa sobre o acatamento da Constitución: "Non ten sentido, afirma, e de rebote pode afectar a Carles Puigdemont".

Tamén comentou que Bélxica é un estado pouco dado a colaborar coa xustiza doutros países: "Vai un pouco á marxe da Unión Europea, alí non hai enlace xudicial, coma no resto dos países comunitarios".
Vázquez Taín presenta estes días o libro 'Pulso al Estado' no que tenta abordar o xuízo do 'procés' desde as perspectivas histórica, sociolóxica, política e xurídica.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí