CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

A CIUG non descarta novas medidas garantistas para evitar erros na organización dos exames de selectividade

15/11/2019 - 08:20 h

O responsable da Comisión Interuniversitaria de Galicia, encargada da organización das probas de acceso á universidade, sinalou esta mañá na Radio Galega que estudan reforzar o sistema para evitar erros como o do pasado ano, cando houbo que repetir o exame de Filosofía por non adecuarse á estrutura que se lles comunicara aos institutos.

Celso Rodríguez, que participa estes días nun encontro de responsables universitarios de toda España que se celebra en Santiago, explica que pensan nalgún "sistema de revisión" que non teñen concretado. Unha posibilidade sería que "unha hora antes de abrir o exame unha persoa de forma aillada poida revisalo para ver se cumpre a norma e ter un mínimo de marxe para que entre en funcionamento o exame de reserva".

Rodríguez comentou que un dos aspectos nos que coinciden os delegados reunidos en Santiago é na necesidade de aproveitar as experiencias dos demais sobre a vixilancia das probas, para evitar que os alumnos copien ou teñan axuda externa: "Imos intercambiar as medidas para tentar entre todos poñerlle portas ao campo, que non é tan doado".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí