CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Manuel Bouza: "Aprázase o último treito da andaina dos transportistas da central térmica das Pontes por mor do mal tempo"

13/12/2019 - 08:16 h

Segundo aclarou esta mañá no 'Galicia por diante' Manuel Bouza, voceiro dos transportistas de Endesa, aínda non hai prazo para o peche das mobilizacións, pero está previsto que o colectivo se reúna esta mañá para acordar unha nova data, que, previsiblemente, será o vindeiro martes.

Incidiu Bouza na importancia da reavaliación da viabilidade da empresa empregando outro tipo de combustibles e na idea de que unha central térmica traballando con fontes alternativas solucionaría o problema de boa parte dos transportistas.

A situación dos traballadores neste intre é complicada. "Agardemos que se vaia solucionando, pero a curto prazo é complicado", expresou Bouza durante a entrevista.

O voceiro dos transportistas manifestou, novamente, estar a favor do uso das enerxías verdes, "dun cambio lóxico, pero con tempo, o que cómpre facer".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí