CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Mónica Sanz, presidenta da Casa de España en Milán: "Non cometades o erro que cometemos nós, que fomos de vacacións e ver os avós e contaxiamos outras persoas"

13/03/2020 - 08:28 h

A presidenta da Casa de España en Milán, a galega Mónica Sanz, pide que Galicia tome exemplo do que ocorre en Italia e non cometa os mesmos erros. Segundo explicou, cando o Goberno pechou os colexios, aproveitaron para moverse polo país, "como se fosen vacacións" e iso provocou que, sen sabelo, contaxiasen outras persoas.

"Hai dúas semanas, nós estabamos como estades agora vós. Pecháronnos as escolas. Pídovos por favor que quededes na casa. Non cometades o erro que cometemos nós, que fomos de vacacións, ver os avós... e contaxiamos a outras persoas".

"Non pasa nada porque 15 días da nosa vida quedemos na casa. Ou pasa algo? Non pasa nada. Hai moitos mortos aquí. Pídovos por favor, e como nai: quedade na casa polas vosas familias. Non vaiades a ningures".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia