CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Antonio Salas, xenetista e investigador da USC: "O papel dos supercontaxiadores é clave"

08/06/2020 - 08:26 h

O experto en xenética da Universidade de Santiago de Compostela Antonio Salas destacou na Radio Galega o papel clave dos supercontaxiadores na expansión do coronavirus polo mundo.

En España detectaron un, pero seguramente houbo seis ou sete, ningún deles en Galicia.

Antonio Salas explica que detectar e illar os supercontaxiadores sería fundamental para frear a expansión da enfermidade.

"Se un fose capaz -non é que sexa para nada sinxelo nin moitísimo menos- de detectar estes supercontaxiadores, poderíase, dalgunha maneira, atallar ou amortecer a velocidade con que se transmite o virus nunha poboación. Por iso é tamén tan importante o confinamento. Estamos vendo que o confinamento funciona. A intervención humana no proceso pandémico creo que é bastante obvio para todo o mundo que funcionou".

Segundo este experto, o coronavirus chegou con retardo a Galicia e Portugal, pola nosa posición xeográfica, o que favoreceu un maior control da enfermidade.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia