CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Susana Seivane lévanos ao obradoiro de gaitas da súa familia

07/08/2019 - 11:45 h

Continuamos coa sección de verán, Seivanismo. Susana Seivane visitou o obradoiro de gaitas da súa familia en Cecebre (Cambre). Entrou de sorpresa co micro na man e descubrimos que estaban facendo.

"O noso obradoiro é unha especie de templo", comentou. 

Ademais, repasamos coa artista os seus concertos da Coruña e de Pardiñas. E lembrou os seus veráns no Chao do Pousadoiro (Ribeira de Piquín). 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia